17. 02. 2026.
Inicio
Do 20 ao 26 de setembro o noso centro recibiu ao alumnado e profesorado de Serbia participante no proxecto Erasmus+. A semana combinou actividades culturais, científicas e ambientais cun obxectivo común: aprender, convivir e protexer o planeta.
O domingo visitamos o Aquarium Finisterrae, onde puidemos coñecer a riqueza mariña da nosa costa e reflexionar sobre a importancia de coidar os ecosistemas oceánicos.
O luns celebramos unha xornada no centro escolar: realizamos un pequeno obradoiro de lingua galega, unha visita guiada polas instalacións e distintas actividades sobre reciclaxe e pegada de carbono, empregando aplicacións dixitais para calcular e comparar resultados.
O martes o grupo trasladouse á cidade da Coruña, onde visitou o MUNCYT, diferentes espazos naturais e lugares emblemáticos da cidade, combinando ciencia, patrimonio e medio ambiente.
O xoves dedicámolo ao traballo no horto escolar, plantando especies típicas de Galicia e enriquecendo a terra con hidroxele elaborado a partir de compost, relacionando o traballo práctico co coidado sostible do solo.
O venres pechamos a experiencia cunha sesión de avaliación, lembrando o aprendido ao longo da semana e entregando os certificados de participación antes do regreso a Serbia.
Foi unha experiencia enriquecedora para todos, chea de aprendizaxes, convivencia e lazos que seguirán medrando dentro do programa Erasmus+.