17. 02. 2026.
Inicio
Aínda que o noso centro non dispón da capacidade técnica para reciclar todos os residuos orgánicos do comedor, si estamos a compostar as mondas de froita e restos vexetais.
Un grupo de alumnado responsable, coa colaboración do profesorado, encárgase de revisar o composteiro de maneira periódica. Controlan a humidade e a aireación e van alternando capas de residuo orgánico con material estruturante (follas secas ou cartón triturado) para favorecer unha correcta descomposición.
Despois de varios meses de traballo, imos realizar un control de calidade do compost, medindo as súas principais propiedades físico-químicas para comprobar o seu grao de madurez e a súa idoneidade como abono.
O noso obxectivo é empregalo no horto escolar cando chegue a primavera, pechando así o ciclo natural da materia orgánica e promovendo prácticas agrícolas sostibles.